KNOLLING LITERARIO

Bo día a todas e todos!!

Hoxe imos presentar unha actividade relacionada co libro que vós imos propoñer a próxima semana e que leva por nome:

KNOLLING LITERARIO

👀 Ha ha! Seguro que xa tedes unha miguiña de intriga 👀.

Coido que pode ser un exercicio moi interesante para vos e que pode inspirarvos moitíiiiiiiiiiisimo (Co argalleiros que sodes, estou segura que podédeslle sacar un montón de posibilidades 😉).

Aínda non vou dicir o libro, esa será unha sorpresa para o día da xuntanza, pero si que faredes esta actividade en grupo, despois de ter comentado as diferentes impresións que vos causou.

Avanzo este vídeo para explicarvos un pouquiño en que consiste e que sempre o teñades na mente para que faga de guía na vosa lectura. (   https://youtu.be/zdJQJXL4O_g  )

 

 
O día 21 deste mes, xa vos falarei polo miúdo desta actividade, pero tiña que adiantala un pouquiño para avisarvos que hai que ir reunindo, a partires do xoves, diferentes pezas inspiradas na lectura e que logo elixiredes entre todas e todos para conseguir unha boa composición.

A que ten boa pinta?. Estou segura de que gustaredes dela un montón.

Sin máis, xa vos deixo. Ata a próxima.

Abur.👋


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

PIPI MEDIASLONGAS

Moi bo día! Hoxe estivemos a facer a xuntanza para comentar o libro que tiñamos para este mes: Un clásico que nos gustou moitiiiiiiiiísimo. ...