Moi boa tarde miñas queridas lectoras e lectores!!
O martes fixemos a derradeira reunión do club de lectura deste ano.😢
Coma sempre por unha parte estamos cheas de ledicia por este ano tan estupendo que tivemos, polas lecturas compartidas, polo compañerismo e bo ambente que tivemos nas xuntanzas, por ese interese e disfrute coa lectura que puidemos apreciar nas diferentes actividades..., pero por outra banda... Por outra banda sempre temos que despedir ao alumnado de 6º que se nos marcha para empezar unha nova andaina no instituto e, fixándonos ben, é que si, fánsenos maiores. Eu estou moi contenta de poder ter compartido con todas e todos eles eses momentos, por ver como van crecendo e espero que a vida lles sexa xenerosa, teñan moita sorte e que todas esas ilusións e intereses sexan feitos realidade.
Non marcho sen deixar unhas últimas fotografías desa última xuntanza de lectura compartindo almorzo e lecturas cheas de beleza e adicándolle ese derradeiro libro : pés descalzos, Un libro que fala de disfrutar, de apreciar o sinxelo e o bello, pero facéndoo amodiño, sen présa, sentindo, cos pés descalzos, sen gaiola ningunha...






































.jpg)





.jpg)
