martes, 25 de marzo de 2025

Moi bo día miñas queridas lectoras e lectores!!

    Hoxe estivemos a comentar o noso libro do mes:

 ALEIDA, CIDADE SEN ALMA de VICTOR BOULLÓN.

    Unha xuntanza, coma sempre, chea de ideas e interesantes comentarios sobre a lectura desta obra de banda deseñada ambientada na Compostela de finais do século XII (1188). Momento moi interesante da historia de dita cidade onde se afianza a súa importancia mentres o arcebispado compite co de Braga polo predominio no noroeste peninsular. Ata alá chega o construtor e canteiro León xunto coa súa filla Aleida para traballar nas obras de reforma da Catedral, dirixidas polo Mestre Mateo.

    Cando levan a cabo os traballos de remodelación acontece un misterioso asasinato no altar maior da mesma Catedral...  

    Nela falamos da Idade Media en Galicia e, neste caso, do tráfico de reliquias pola importancia que tiñan estas nas cidades da época. 

    Tamén ampliamos tema co arte nesta época e de como era vivir nas vilas con todo o bo, pero tamén o non tan bo.

                       
    Obra que deixou moitas preguntas e xerou moito interese na época. Esperamos dende a coordinación do club que os libros complementarios satisfagan os vosos intereses 😉

    E, ademais, Teresa e Felipe, a nosa parella de Entroido, trouxéronnos o novo libro que imos ler!!!!!!!!! :

DENÉBOLA A ROXA de HECTOR CAJARAVILLE

    Unha historia que comeza en marzo de 1600, cando Denébola, unha veciña do Barbanza, fai quince anos e recibe a noticia de que vai entrar como noviza nun convento de Clarisas de Santiago de Compostela.

    A partires de aí lemos unha historia chea de aventuras, cunha estrutura moi áxil e dinámica que nos fai coñecer a unha protagonista que vai intentar , e conseguirá, facer as cousas seguindo os seus principios e guiarase por decisións de seu que a levarán a conseguir ser a ser a dona do seu destino.
    Como vedes é toda unha muller brava para aqueles tempos, aínda para os de hoxe, pero que nos pode inspirar a nós mesmas para tomar conciencia da importancia da preparación, da valentía e da perseveranza , de como estes  poden ser os ideais e guías do noso camiño na vida e de como nos poden levar a conseguir o que nos propoñamos derrubando todas as barreiras que nos van saíndo no noso camiñar diario.
Non me digades que con esta introdución non vós apetece empezar xa mesmo, 😃.


    Ben como sabemos que é un libro algo difícil para vós,  leremos o libro en dúas partes
A finais de mes próximo faremos unha reunión para deixar os vosos comentarios sobre a metade do libro, ata o capítulo nove, e logo reunirémonos para comentar a novela xa finalmente. Parécevos?
 Pois moito ánimo e... moi boa lectura 
miñas queridas lectoras e lectores.🙋

Ningún comentario:

Publicar un comentario