Segunda lectura: A gruta da Torre.




A segunda reunión  terá lugar o  mércores 1 de febreiro. Teremos a tarde moi ocupada posto que ademais de realizar o faladoiro sobre a lectura de " Avións de papel" e presentar o segundo libro " A gruta da torre", comezaramos con unha actividade enmarcada no movemento artístico " Arte Postal".

Fai unhas semanas recibimos a invitación do CEIP Heroínas de Sálvora, en Aguiño, para participar na súa actividade " ARTE POSTAL, ARTE EN MOVEMENTO" . Trátase de que escollamos un tema libre ou reivindicativo, e que plasmemos as nosas ideas nunha postal. No cole de destino será comentada nos faladoiros e formará parte dunha exposición. Co cal o impacto e a repercusión da nosa mensaxe chegará fóra do noso club de lectura.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

PIPI MEDIASLONGAS

Moi bo día! Hoxe estivemos a facer a xuntanza para comentar o libro que tiñamos para este mes: Un clásico que nos gustou moitiiiiiiiiísimo. ...