Voando alto

 O mércores 1 de febreiro aproveitamos a marabillosa ubicación do noso cole para facer a reunión do club de lectura fóra da biblio, as vistas foron inmellorables.... 

Comentamos entre todas o libro " Avións de papel", sacamos conclusións e  inventamos finais alternativos. Pechamos as actividades da primeira lectura facendo unha pequena homenaxe a "Hopper" ( se non sabedes quen é, tedes que ler o libro) realizando a nosa  intervención artística no cole.

Con todo o anterior, aínda nos deu tempo a presentar o novo libro " A gruta da torre" e comezar o proxecto de "Arte Postal" no que traballaremos no mes de febreiro.

Permanecede atentas👉👉👉







Ningún comentario:

Publicar un comentario

PIPI MEDIASLONGAS

Moi bo día! Hoxe estivemos a facer a xuntanza para comentar o libro que tiñamos para este mes: Un clásico que nos gustou moitiiiiiiiiísimo. ...