QUE FACEMOS COA TERRA?

Empregando o Pacto do Letargo como fío conductor, onte estivemos debatindo sobre os  problemas medio ambientais. Que podemos facer? como podemos convencer á xente que é necesario coidar o entorno?
 Xamaín, un dos protagonistas do libro pensa que o ser humano é unha praga para a Gaia,  que  non sabemos coidar do medio ambiente, que  somos os cupables do deterioro do medio ambiente. Deixamos voar a imaxinación cara un  mundo distópico no que en Xuño non chove, os cultivos non medran e  a subida do  nivel de mar acabou coas praias....




Neste novo mundo unhas dos solucións propostas foi que teríamos que marchar de Xuño, e nese intre presentamos o novo libro. " A corredora" de María Reimóndez. Esta obra conta a historia dunha nena Etíope que ten que abandoar a súa aldea por falta de alimento. 

Nós non estamos dacordo con Xamaín, non somos unha praga, somos unha especie en viaxe. Quizáis esquecemos de onde vimos, e por iso non coidamos á natureza como merece. Somos Natureza.








Ningún comentario:

Publicar un comentario

PIPI MEDIASLONGAS

Moi bo día! Hoxe estivemos a facer a xuntanza para comentar o libro que tiñamos para este mes: Un clásico que nos gustou moitiiiiiiiiísimo. ...