Obradoiro de Banda deseñada con Alfonso Barreiro Carreño " Fon"

Finalmente onte tivemos a sorte de contar co gran ilustrador galego Alfonso Barreiro Carreño "Fon". Nunha xornada de iniciación á banda deseñada moi interesante na que participou todo o alumando de 5º e 6º de primaria do cole, e non soamente as participantes do club de lectura.

Explicounos as técnicas máis importantes á hora da realización dos seus traballos ou a a necesidade de empregar lápiz e goma e non soamente ferramentas dixitais.  

Falamos da parte creativa do cómic: dende a elección do tema e as protagonistas da historia pasando polo  borrador ata  o traballo final. Todo un proceso que nalgunhas ocasións pode durar ata dous anos 😳😳

Mentres nos explicaba todos estos aspectos teóricos  estivemos facendo os nosos debuxos esquemáticos de afamados protoganistas da banda deseñada. Definitivamente temos un cole cheo de artistas!!





 
Moitas gracias FON! 😊

Ningún comentario:

Publicar un comentario

PIPI MEDIASLONGAS

Moi bo día! Hoxe estivemos a facer a xuntanza para comentar o libro que tiñamos para este mes: Un clásico que nos gustou moitiiiiiiiiísimo. ...