XUNTANZA DE PRESENTACIÓN CLUB DE LECTURA

 Moi boa tarde!!

Tivemos unha   estupenda noticia, 

estupendísima, 

 superestupenda!!!!!!

    Xa nos confirmaron, provisionalmente, o club de lectura para este ano. 

Podedes aplaudir (eu estouno a facer xa, ha, ha) e esta semana pasada, o martes, xa fixemos a nosa primeira xuntanza de presentación para dar a benvida ás novas lectoras e lectores deste curso. De feito, dende que o propuxemos, animouse algunha persoa máis a formar parte do grupo e nós, encantadas e encantados coas novas incorporacións. Sempre é un pracer estar todas e todos xuntos, divertíndonos e  comentando diferentes obras da nosa literatura. 





 

 

 

 

     

    Como vedes, estivemos a pasalo estupendamente. Botamos en falta a algunhas compañeiras que non puideron asistir por diferentes motivos, pero estamos a agardar que na próxima xuntanza podamos vernos todas e todos e podamos pasalo ben comentando o precioso e interesante libro deste mes: 


Moi boa lectura! e ata a próxima miñas queridas e queridos "Lectores sen Rumbo". 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

PIPI MEDIASLONGAS

Moi bo día! Hoxe estivemos a facer a xuntanza para comentar o libro que tiñamos para este mes: Un clásico que nos gustou moitiiiiiiiiísimo. ...