LECTURAS COMPARTIDAS CO ALUMNADO DE 1º E 2º . SAMAÍN

Boa tarde!

Como xa vós contamos, estabamos facendo lecturas para nenos e nenas de diferentes clases e, esta vez, polo SAMAÍN, foron Carla e Hugo, tamén dos veteranos do club, os encargados de lle explicar aos nenas e nenos de 1º e 2º o significado desta nosa querida festa e o porqué de facela en todos os recunchos da nosa Terra.

Como veredes van vestidos moi apropiados para a ocasión  😂😂😂.

 
 

Despois estiveron, entre todos, axudando aos pequenos e pequenas a decorar  nabos tal e como se facía antigamente, aínda que nós, só en papel, para poñer na entrada da biblioteca... Foi nese momento, nese preciso intre, cando se deron conta do traballo das mestras das dúas clases!! ha, ha, ha. Pensáchedes que era doado captar a súa antención, eh?!

Ao final estaban tan metidos no papel que o fixeron, coma sempre, de maravilla!

Estou moi contenta da voso traballo, así da gusto , a verdade. Os meus parabéns polo voso esforzo e profesionalidade de contacontos. 

Mil bicos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

PIPI MEDIASLONGAS

Moi bo día! Hoxe estivemos a facer a xuntanza para comentar o libro que tiñamos para este mes: Un clásico que nos gustou moitiiiiiiiiísimo. ...