PIPI MEDIASLONGAS

Moi bo día!

Hoxe estivemos a facer a xuntanza para comentar o libro que tiñamos para este mes:

Un clásico que nos gustou moitiiiiiiiiísimo. 👏👏😊👏👏

Como xa comentamos na anterior entrada, estamos a falar do primeiro título da serie de libros de ASTRID LINDGREN, traducidos ao galego por David A. Álvarez, ilustrados por Ingrid vang Nyman, e presentado pola editorial Kalandraka :

" PIPI MEDIASLONGAS"

Nel abórdanse temas como o feminismo, xenerosidade, amizade, independencia e responsabilidade, valentía, axuda ao máis débil, defensa dos animais, ecoloxismo, o valor de ser un mesmo, do respecto individual e persoal, do antimaterialismo... Como vedes un montón de temas interesantes dos que falamos na reunión e que se comportaron coma un montón de formiguiñas rebulindo na nosa cabesiña para facernos pensar. Cun xeito de escrita sinxela, directa onde os capítulos pechados favorece a lectura e nos axuda no noso proceso lector.

As personaxes de Pipi, Tommy e Annika, o mundo da nenez, contrasta co mundo dos adultos; personaxes anárquicos nalgunhas ocasións, contestarios ante un mundo ríxido, cheo de normas e problemas por resolver; un mundo onde onde se pode aproveitar todo para ser feliz fronte a un que esqueceu divertirse polos propios autolimites, "perfección" ou "madurez".

Puidemos facer un primero achegamento ao "Knolling literario" e aínda que temos que mellorar unha miguiña 😂, imos abrindo camiño a novas actividades que seguramente repetiremos polas posibilidades que ofrece.

Aí os tedes, traballando cos materiais que achegaron como pezas que marcan os conceptos importantes do libro para eles.

     

E aínda que parece que está todo moi revolto, conseguiron acadar este este fantástico resultado:

 

 





 

 

 

 

Como vedes, un libro que levanta paixóns e gañas de seguir lendo, algo que nos fai estar en débeda con ASTRID L. por sempre e para sempre. 

E tamén repartimos o libro da próxima xuntanza: "CUANDO BRILLAN LAS ESTRELLAS", un texto de banda deseñada escrito por VICTORIA JAMIESON E OMAR MOHAMED e ilustrado por VICTORIA JAMIESON.

Un libro recomendado por ACNUR, ONG de axuda ao refuxiado, que " nos axuda a sensibilizarnos sobre este tema e darlles voz" a todas estas persoas no mundo que teñen que abandonar o coñecido para buscar a súa vida en lugares afastados do seu e que, lamentablemente, segue a ser un tema de actualidade nos tempos que estamos a vivir  .

Grazas por esta xuntanza e... ata a próxima miñas queridas lectoras e lectores!. 🙋

                       


Ningún comentario:

Publicar un comentario

PIPI MEDIASLONGAS

Moi bo día! Hoxe estivemos a facer a xuntanza para comentar o libro que tiñamos para este mes: Un clásico que nos gustou moitiiiiiiiiísimo. ...