luns, 17 de xuño de 2024

 Bo día!!

Bueno, hoxe toca despedirnos😢, decímoslle adeus ao alumnado se sexto e, dende o noso club, desexáñamoslles unha andaina maravillosa a partires do próximo curso. Estamos seguras que o van facer estupendamente e recomendámoslles que se animen a compartir lecturas con outras compañeiras e compañeiros do IES. Seguro non, segurísimo que o ides pasar increiblemente ben.  Lembráronse de deixar unhas cariñosas recomendacións para o alumnado do cole para animalos a participar no club do próximo ano.

 

 Pero antes de dicir adeus, imos falar da derradeira xuntanza deste curso co libro:

A verdade é que lles gustou moitísimo e eu estou feliz 😉. Un libro baseado na experiencia real de Omar e o seu irmán Hassán no campo de refuxiados da ONU  en Dabaabd, Kenia.

Nesta xuntanza falamos da infancia rota en moitos casos, da importancia da amizade, a pertenza a un grupo, dos cuidados dentro da familia, do acompañamento dalgúns familiares con certos transtornos mentais e a responsabilidade conleva, a situación de moitas nenas cando teñen que deixar o colexio para casar, da falta de ilusións, de familias rotas, da axuda de moitas persoas desinteresadamente, ... e do poder da educación. Como vedes estivemos falando moitísimo xa que o libro se prestaba para elo. Eu, como coordinadora, pensei que podería ser complicado para eles, pero todo o contrario, colléronno con mooita ilusión e despertou neles moitas preguntas e gañas de coñecer moito máis sobre o tema. Tivemos unha xuntaza moi animada como broche fina.

Deíxovos algunha foto de lembranza

e dos agasallos: unha libereta para apuntar impresións e recomendacións e un marcapáxinas imantado,  que levaron como lembranza. Pode que non sexan moito, pero démosllos con todo o cariño e sei que os recibiron con ilusión e, de feito, xa lles empezaron a dar uso,

 xenial!!!!!!. 
 
LEMBRADE, ESPERÁMOSVOS PARA O ANO QUE VEN.
PASADE MOI BO VERÁN E.....
MIL BICOS


Ningún comentario:

Publicar un comentario