martes, 12 de novembro de 2024

 MOI BOA TARDE !!!!

Por fin chegou o día!!!!!!

    Quedades convidadas e convidados á presentación do esperado club de lectura do CEIP Plurilingüe de Xuño :

:🎵 TATACHÍNNNNNNNN🎶

LECTORES SEN RUMBO.

    Un rumbo que esperamos encontredes entre as nosas lecturas, esas que nos levan a vivir aventuras, maxia, soños...  que nos ensinan a reflexionar e dar as nosas propias opinións, que nos fan críticos e libres e, sobre todo, que nos fai felices de poder, non só desfrutar coa lectura, senón tamén compartir con amigas e amigos, con compañeiras e compañeiros... e con profes, ( non somos tan malas😂😂😂 ) momentos de lecer e que, esperamos, queden na vosa memoria como algo cheo de bos momentos inesquecibles.

    Queremos dar a máis cariñosa benvida ao alumnado de 5º que van facer grupo cos antigos membros do club. Sei que tedes moitas ganas de empezar ( levadesnos preguntando polo comezo dende principio de curso😂😂) e, esperamos, cumprir as vosas expectativas con creces e, sobre todo, non defraudarvos, que nervios!!!!!! 😉

    Este ano estaremos as profes-titoras de 5ª e 6ª: Mari Carmen e Aratcha , ás que dou a benvida tamén dende aquí e as grazas por dedicar parte do seu tempo libre a esta aventura tan querida para nós, e eu, Carmen. 

    Intentaremos seguir, como este curso pasado, traéndovos lecturas que cremos poden ser do voso interese, escoitar as vosas recomendacións e invitándovos a facer lecturas a outros grupos: meniños, tanto do cole como das unitarias,  persoas máis maiores do Centro de Día de Porto do Son, etc... Será o nosa aportación á creación de novas e novos lectoras e lectores o día de mañá co noso grupo de escoita.

    Sen máis, unha aperta e 

                                ATA O PRÓXIMO MARTES🙋

Ningún comentario:

Publicar un comentario