MOI BO DÍA!!
Antes de nada quero dar as grazas ao equipo do club de lectura do noso instituto de Porto do Son, que nos axudou, coma outras veces, co empréstito de libros para favorecer a lectura da novela.
MOITAS, MOITAS GRAZAS!!!!!
HOxe fixemos a nosa xuntanza para falar do noso libro deste mes:
DENÉBOLA A ROXA de HECTOR CAJARAVILLE
Un libro con moita aventura e xiros imprevistos, que aínda que ao principio parecía que lles resultaba algo difícil de ler, conseguiron o seu obxectivo, rematar o libro e interesarse por ese período temporal tan interesante historicamente falando.
Como vemos concentración nos lles falta cando falamos e lemos algunha parte da novela.
Aproveitamos para repetir este ano o Knolling literario, unha actividade que lles gusta moito realizar pola implicación que leva, sobre produtos que saían de América cara España e ao contrario, de España cara a América.

Como podedes ver, algúns dos animais foron substituídos polo seu correspondente xoguete imitando a realidade (non se me ocorre porque será😂😂😂).
Coma sempre desfrutamos moito, recompilando o material e montando as nosas fotografías. Espero que vos guste o resultado 😉
Tamén aproveitamos a ocasión para xogar un pouquiño coa cartografía que buscamos para poder situarnos un pouquiño tanto na viaxe que fixo Denébola para chegar ao barco que as levaría a América, como para ver como era o Caribe, lugar de chegada para fundar en Cuba un novo convento.
A verdade é que foi unha parte entretida e interesante para eles e gustoulles poder seguir e marcar o camiño que as levaba ao Novo Mundo.
Aproveitamos, como non podía ser doutro xeito, para presentar a nova historia que nos fará interesarnos polas nosas tradicións e o noso patrimonio inmaterial, no principal mes das LETRAS GALEGAS:
A AVOA CANTA COMO A COTOVÍA de CELIA DÍAZ NUÑEZ e ilustrado por ALBA SANTA.
Un emotivo libro que conseguiu o accésit no premio "Simbad" para o recordo e o Alzhéimer 2024 e que trata da relación entre un neto e unha avoa:
"... Lembro ben a primeira vez que a avoa Olivia me cambiou o nome. E así, unhas veces son Adrián e outras Toño. A avoa está feliz e eu tamén. Sobre todo porque agora sorrí moito máis, e ás veces canta cantigas que eu non coñezo. Pois o que máis lle gusta á avoa, sen dúbida, é cantar. Mamá di que canta como a cotovía..."
Como vedes, ten que ser un libro interesante e o xeito de escribir incita á tenrura e cariño cara a isa avoa que vai esquecendo a súa realidade, pero que non deixa atrás esas cantigas que aprendeu ao longo da súa vida e que, agora, a converten en transmisora dese legado tan importante da nosa historia.
Seguro que vós vai gustar e merecerá a pena dita lectura.
🙋Aburiño miñas queridas lectoras e lectores, desfrutade deste conto marabilloso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario