mércores, 28 de maio de 2025

Moi bo día miñas queridas lectoras e lectores!

    Como estabamos a contarvos, este mes estam,os a ler o libro de CELIA DÍAZ NÚÑEZ : 

A AVOA CANTA COMO A TOTOVÍA.

    Neste libro falamos das CANTAREIRAS, que como sabedes o día das LETRAS GALEGAS deste ano está adiado a elas, pero tamén, o libro foi o accésit no premio SIMBAD 2024 do RECORDO E O ALZHÉIMER. Por este motivo, puxémonos en contacto coa asociación AGADEA, en Ribeira, dende aquí dámoslle as grazas polas facilidades que nos deron para participar nesta iniciativa,   para facer unha colaboración en dita actividade

"AS FLORES DA MEMORIA".

                 

    Levamos ao noso Centro o xarrón coas flores feitas polos usuarios de dita organización, onde as nenas e nenos podían botar un papeliño cos nomes das persoas que nunca queren esquecer.                                               
    Pareceunos unha actividade moi significativa e, podemos dicir que foi acollida polo alumnado do Centro con moito entusiasmo. Nós, pola nosa parte, dende o Club de Lectura, desexamos que nunca esquezan a todas esas persoas que tanto significan para elas e que tanto amor sempre lles amosan.
Aínda que eles esquezan,
seguirán estando no noso corazón por sempre.
MIL BICOS😘

Ningún comentario:

Publicar un comentario