mércores, 18 de xuño de 2025

 Moi bo día!!!!

Hoxe si que dicimos adeus definitivamente a este curso escolar.😌

    Teño que dicir que foi un pracer estar con estas nenas e nenos compartindo lecturas, comidas, momentos de lecer e, sobre todo, compartíndonos sen máis.

    Algúns deles deixan o cole para ir ao instituto. Este sempre é momento difícil, por un lado estamos felices de que empecen unha nova etapa que vai a significar tanto para elas e eles, pero por outra, levamos compartindo esta actividade xa dous anos e sinto moitísimo que nos deixen. Quero que saiban que sempre estarán nas nosas lembranzas con moito cariño e terán as portas abertas para estar connosco e compartir lecturas sempre que queiran.

Moi boa viaxe nesta nova etapa 

nosas queridísimas lectoras e lectores!!😍

    Pero antes de pechar este curso escolar deixo a derradeira entrada comentando a experiencia de compartir lecturas, este martes pasado, no Centro de Día de Porto do Son.

    Sempre é un pracer acudir a esta cita, que xa empeza a ser un obrigado nas nosas actividades, xa que o recibimento é marabilloso e as nenas e nenos do club xa nos esixen do ben que o pasan con estas persoas que tan bo acollemento sempre lles brindan.

    Moitas grazas por abrirnos as portas e deixarnos entran un pouquiño nos vosos momentos. O ano que vén temos que repetir, prometido, non creo que vos libredes tan facilmente de nós😂.




   😃💞 Tamén tivemos un cariño con todas e todos eles e lembren o seu paso este ano polo noso club. Esperamos que vos gustara tanto como a nós facelo.

    E non me esquezo de ARANCHA, a profe que este ano acompañounos en todas as reunións, que tanto nos aportou en todas as actividades e á que tanto chegamos a querer todas e todos. 
    Esperamos que o próximo curso podamos desfrutar de novo do teu bo facer e do cariño que sempre amosaches a todo o alumnado, dos bos momentos que desfrutamos contigo e, se non chega ser así, crucemos dedos para que repitas, desexámosche toda a sorte do mundo no teu novo destino. 
Mil grazas, mil apertas e mil bicos
por estar sempre xunto a nós
💝💝💝💝💝

Ningún comentario:

Publicar un comentario