martes, 10 de xuño de 2025

 MOI BOA TARDE!!!!

    Hoxe fixemos a derradeira xuntanza para falar de libros. Teriamos que estar tristes, pero a verdade é que o pasamos tan ben que nin conta nos dimos.

    o libro que limos este ultimo mes foi A AVOA CANTA COMO A COTOVÍA de CELIA DÍAZ NÚÑEZ, tendo como a ilustradora a ALBA SANTA

    " Lembro ben a primeira vez que a avoa Oliva me cambiou o nome. E así unhas veces son Adrián e outras Toño. A avoa está feliz e eu tamén. Sobre todo porque agora sorrí moito máis, e ás veces canta cantigas que non coñezo. Pois o que máis lle gusta á avoa, sen dúbida, é cantar. Mamá di que canta como a cotovía...."
    Un libro que xira entorno a dos eixos principais: a enfermidade do Alzheimer nas persoas maiores e as voces das nosas cantareiras, esas mulleres que transmitiron letras de cantigas, xeitos de tocar, lingua, instrumentos, puntos de baile, riqueza de traxes, tradicións... un sin fin de sabedoría e amor polo seu que configura o noso rico PATRIMONIO INMATERIAL, dun xeito difícil de igualar e ás que se adiou o DIA DAS LETRAS GALEGAS 2025. 
    Contamos para esta xuntanza coa colaboraciónde UXÍA, membro da agrupación TAHUME, cantareirabailadoraartistamestra de pandeireta e compañeira. Unha rapaza, aínda nova, pero que aporta á nosa música unha riqueza e bo facer como poucas e que tocou e cantou para nós, tamén ela coma a cotovía, e explicou moitos aspectos relacionados coa tradición, costumes e coa música. Dende o noso blog, dámoslle as   
 GRAZASssss
en maiúscula e con todo o noso cariño pola estupendísima tarde coa que nos agasallou.
  

                     


    
    As nenas e nenos falaron do libro,  que a moitas delas e deles impresionou e, sobre todo, fixo xurdir esa empatía tan arraigada cara ás persoas maiores que senten tan preto de nos en moitos momentos, de feito pola mañá viñeron a velas un grupiño de persoas do Centro de Día de Porto do Son e, coma sempre, fixeron que se sentiran acollidos e queridos, escoitándoos con moita atención e cariño. ( Devolveremos a visita a semana que vén, prometido😊). 
    Tamén intercambiaron opinións sobre diferentes aspectos  e intereses tratados na obra e xurdiron interesantes opinións sobre: coidado das persoas maiores, relacións cos nosos maiores, a desaparición dun ser querido....

   

    Ofrecímoslle un pequeno cariño, non só para que se lembre de nós, tamén para tentala un pouquiño 😇 e  nos volva visitar sempre que queira. Nós esperarémola cos brazos abertos e sempre desexosos de escoitar tanto as cantigas como todo o que nos queira contar das nosas tradicións., aínda que a próxima vez, se cadra, e despois de ensaiar un pouquiño nos animamos a acompañala😂😂




😍 MOITAS GRAZAS DE NOVO😍
 e ata a próxima xuntanza
🙋

Ningún comentario:

Publicar un comentario