Moi boa tarde!!!
Hoxe pola mañá fixemos unha excursión marabillosa.
Non, non me confundo, hoxe, domingo, tivemos unha excursión ao castro de BAROÑA, e si, foi marabillosa.
O primeiro de todo é dar as grazas a PEPE LIJÓ,
HISTORIADOR E PROFE no IES de PORTO do SON.
E temos que darlle as grazas por varias razóns: primeiro por vir en domingo, día en que coincidiamos todas e todos para poder realizar esta saída e, segundo, por servirnos de guía e darnos unha estupendísima lección non só de historia, que sería "o esperado", se non por ampliar os coñecementos das nenas e nenos en xeoloxía, botánica, bioloxía... Deixáchenos pampos, pampísimos e pódoche asegurar que todo o alumnado e profesorado acompañante quedou moi, moi agradecido pola túa dispoñibilidade, paciencia e bo facer. Reitero as GRAZAS, así de grandes, de parte de todas e todos as que estabamos alí.
Faláchenos de árbores, animais, moito de xeoloxía, tan importante para poder explicar a prehistoria, e moito, moitísimo de arqueoloxía e historia.
Coido que nas caras xa se nos ve o bo día que pasamos:
Agora a descansar un pouquiño, que algo cansos si que quedamos, que mañá temos que voltar a clase 😉.








Ningún comentario:
Publicar un comentario