Moi bo día miñas queridas lectoras e lectores!!
Hoxe seguimos facendo actividades (compartidas coa biblioteca) como esta lectura da carta que deixou Candela, máis que mascota, amiga da nosa biblioteca, por parte do alumnado de 6º pertencente ao club de lectura.
Coma sempre fixéronno fenomenal. Estou moi contenta e orgullosa da súa pertenza ao club. Encántame velos tan animados e con ganas de ler para todas e todos, disfrutar destes momentos xuntas é un agasallo para este comezo de curso.
Por certo, tremendos títulos trouxo a biblioteca para todas e todos este ano!! Vai ser un problema saber por onde empezar a ler😂😂😂.
Parabéns a todas e todos polo voso traballo.
👏👏👏👏👏👏


Ningún comentario:
Publicar un comentario