venres, 21 de novembro de 2025

😃Moi bo día miñas queridas lectoras e lectores.😃

 Hoxe fixemos a nosa PRIMEIRA xuntanza do club de lectura. 

                

    Estabamos contentas, animadas e con moitas, moitísimas ganas de empezar. Xa se notou nos ánimos que traiamos todas e todos, verdade?.😉 

    Compartimos xuntanza, comida e moita ilusión polos libros que imos compartir xa de contado.

Este mes imos empezar lendo un título de ÉRICA ESMORÍS,  Esta é a  miña historia e terás que crela ilustrado marabillosamente por DANI PADRÓN.


     A historia trata de Carola e da súa grande imaxinación, ou adaptación da realidade ao seu favor, como queras chamalo, he he he. Pero, que sucede cando esas "adaptacións" toman vida propia? Saberá enfrentarse ás consecuencias que podan xurdir desta nova realidade?.

    Este libro gañou o XVIII Premio Raíña Lupa á mellor obra infantil 2024, así que empezamos con aventuras contadas nunha prosa ben feita, tal e como Érica sabe facer.

    Esperemos disfrutar moito con ista lectura.

Ata a próxima... Aburiño. 🙋

     

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario