xoves, 23 de abril de 2026

 Moi boa tarde!!!

Hoxe é un día especial para todas as lectoras e lectores,

 o Día do LIBRO.

 

    Na nosa biblioteca estabamos moi ocupadas e ocupados con moitas actividades estupendas, pero dende o club fixemos un pequeno recuncho dos nosos libros para poder ler un pouquiño máis adiante co alumnado dos primeiros cursos, actividade que facemos todos os anos e que a eles sempre lles gusta.  

                                                                                
 
    Como podedes ver os títulos son xeniales:  A Panadeira,  A pés descalzos, A marfallada toda, Maios e Desmaios, Grandes e pequenas... Algúns complementan lecturas do club como Mapa para Palestina, que usaremos cando leamos Palabras de Caramelo e que fala dos pobos que quedaron sen terra que atopar nun mapa como, neste caso, o pobo saharagüi ou o palestino, do que fala o libro. Outros serán lecturas do ano próximo, pero antes hai que facer unha proba de lectura cando non se leron aínda, como Alén e o dragón. Chimpate Pepa e o de Antón... e os faros, continúan a nosa achega, que xa empezou o ano pasado, falando das nosas illas galegas.
 
    En fin, sempre intentando realizar lecturas sinxelas en aparencia, pero que nos toca o corazón dalgún xeito.
 
Esperamos que teñan moito éxito e a nosa cativada toda disfrute coma nunca.
FELIZ DÍA DO LIBRO!!!  
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario