xoves, 30 de abril de 2026

 Moi bo día!

    Onte acudín ás XVIII xornadas de clubs de lectura e, coma sempre, foi un pracer escoitar a tanta xente interesada en transmitir o seu bo facer neste campo. 


               Xuntámonos moitas e moitos docentes que levan os clubs de lectura dos seus centros. Foron moi interesantes as experiencias que compartimos e o xeito de traballar tan diferente, moitas veces, pero sempre enriquecedor para o alumnado. Podemos tamén recoller ideas de libros apropiados para o noso club (ideas novas sempre son ben recibidas).  Non podemos esquecer aos relatores, con tanta experiencia neste campo da lectura, que aportan diferentes puntos de vista e axudan de xeito importante na nosa formación.      

    Mentres tanto, tamén no cole, seguimos formándonos con novas lecturas que nos axudan a profundizar neste tema para sacar o máximo partido das diferentes actividades co alumnado xa que nós, tamén sempre temos moito que aprender para poder transmitir despois.


Ata o proximo curso. Sempre iremos a estas xornadas con ilusión e ganas de aprender.

Moitas grazas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario