martes, 21 de abril de 2026

 Moi boa tarde!. 

    Mira que o pasamos ben onte xogando coa proposta lectora deste mes , un libro-xogo de LEDICIA COSTAS e o guionista LUISMI PÉREZ,

ilustrado, coma sempre magnificamente, por BEA GREGORES : 

BRUXAS E DRAGÓNS 

    Un libro no que podes elixir a túa propia aventura segundo vaias lendo e elixindo as opcións que ti consideres máis apropiadas para poder formar o teu propio fío narrativo. Nesta historia disfrutamos moito coas diferentes opcións que se nos ofrecían e conseguimos rematar distintas historias que nos deixaron con moitas ganas de mais. 

   
Tamén atopamos nos andeis da biblioteca montonciños de cinza que nos deixaron realmente preocupadas e preocupados, se queredes saber a razón teredes que ler este título , non queda outra, de feito non vos lembrou un pouquiño á HISTORIA INTERMINABLE ou PETER PAN nalgúns aspectos? 
    Iste foi tema de conversa interesante nas nosas reunións.


Déixovos por aquí algunha foto do alumnado participando nos xogos do libro : 

                                  

            Despois de pasalo tan ben, esperamos con mooooitas ganas o segundo volume para poder seguir

                                         xogando e lendo 

                                                     ABUR e..... ata a proxíma reunión😊


Ningún comentario:

Publicar un comentario