Moi boa tarde miñas queridas lectoras e lectores.
Hoxe é o día da BANDA DESEÑADA.
Como saberedes, o noso club, xa fai uns anos, fixo unha aposta moi importante neste campo, lecturas tan boas recibidas por parte das nosas lectoras e lectores, e que logo ampliouse un chiquiño máis cun recuncho propio na biblioteca.Nós fixemos a nosa pequena aportación cos nosos títulos do club para que todas e todos os usuarios da biblioteca puideran ler.
Os títulos son magníficos e hasta temos o noso propio da Raíña Lupa.😉
No recreo unha moi boa parte do alumnado estivo a disfrutar das lecturas, un día estupendo para ler e compartir lecturas entre todas e todos. Nunca nos cansaremos de celebrar este día e disfrutar das xeniais ilustradoras e ilustradores que temos traballando neste campo.
Disfrutade e...Ata o ano próximo!!!
Seguro que aparecen novos libros na nosa estantería deste xénero 👏👏👏

Ningún comentario:
Publicar un comentario