xoves, 18 de xuño de 2026

 Moi boa tarde miñas queridas lectoras e lectores!! 

O martes fixemos a derradeira reunión do club de lectura deste ano.😢

    Coma sempre por unha parte estamos cheas de ledicia por este ano tan estupendo que tivemos, polas lecturas compartidas, polo compañerismo e bo ambente  que tivemos nas xuntanzas, por ese interese e disfrute coa lectura que puidemos apreciar nas diferentes actividades...,  pero por outra banda... Por outra banda sempre temos que despedir ao alumnado de 6º que se nos marcha para empezar unha nova andaina no instituto e, fixándonos ben,  é que si, fánsenos maiores. Eu estou moi contenta de poder ter compartido con todas e todos eles eses momentos, por ver como van crecendo e espero que a vida lles sexa xenerosa, teñan moita sorte e que todas esas ilusións e intereses sexan feitos realidade.

    Non marcho sen deixar unhas últimas fotografías desa última xuntanza de lectura compartindo almorzo e lecturas cheas de beleza e adicándolle ese derradeiro libro : pés descalzosUn libro que fala de disfrutar, de apreciar o sinxelo e o bello, pero facéndoo amodiño, sen présa, sentindo, cos pés descalzos, sen gaiola ningunha...



E rematamos,  como non podía ser menos, entregándolles un pequeno agasallo como lembranza do noso club esperando que lles fixera tanta ilusión a elas e eles recibilo como a nos facelo expresamente para todas e todos.
 
 
Mil bicos con todo o noso cariño e ata sempre miñas queridas lectoras e lectores, xa vós estamos botando de menos.
 
 
💝💝💝😘😘😘😘😘😘💝💝💝
 
🙋 

 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario