Moi boa tarde.
Xa sei que fai moi pouquiño tempo tivemos unha xuntanza, pero ao noso alumnado non lle importaría ter unha por semana se cadrase do que lles gusta ler e eu, encantadísima con estas ganas de compartir e debatir diferentes puntos de vista das nosas queridas e queridos lectores.
Hoxe compartimos a lectura de PALABRAS DE CARAMELO un precioso libro
escrito por GONZALO MOURE e
ilustrado por FERNANDO MARTÍN GODOY.
Kori é o neno protagonista deste volume que vive nun campo de refuxiados saharauis. Gosta dos animais en especial de Caramelo, un camelo cor canela ao que ve nacer e co que entraña unha relación moi especial. Tamén disfruta moito da escola, lugar especial para el xa que poden aprendelo a ler e escribir. Cando por fin é capaz de facelo é cando é consegue plasmar nun papel as súas emocións, especialmente as que xurden da relación co seu querido amigo.
Posteriormente limos entre todas e todos outro pequeno-gran libro : UN MAPA PARA PARA PALESTINA escrito por MAYSA ODEH e ilustrado dun xeito magnífico por ALIAA BETAWI. Un libro para aprender a existencia dos pobos sen terra, tal e como lle sucede ao pobo SAHARAUI. un libro onde se nos conta a historia autobiográfica da familia materna da autora para entender as identidades de diferentes pobos que quedaron sen situación nos mapas, pero que existen e son reais.
Moitas grazas por compartir esta tarde tan especial e por deixarnos esta preciosa historia







Ningún comentario:
Publicar un comentario