venres, 9 de xuño de 2023

Creación do recuncho de banda deseñada.

 Despois de visita do ilustrador Fon ao noso centro, foron moitas as demandas do alumnado para que se mercasen táboas de luz e material específico para poder calcar e colorear diferentes debuxos. Oíndo estas peticións o Club de Lectura mercou para uso de todos os compañeiros e compañeiras catro mesas de luz, e o material necesario para debuxar e colorear como verdadeiras ilustradoras, ou case.... 

A inauguración , foi todo un éxito!


Ningún comentario:

Publicar un comentario