LECTURAS COMPARTIDAS PRESENTANDO Á MASCOTA DA BIBLIOTECA: CANDELA. DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

      Aquí estamos de volta esperando poder iniciar este curso o noso querido club de lectura.

    Entrementres, non creades que estamos a perder o tempo, nin falar diso, estamos a organizar algunhas lecturas para diferentes cursos do cole e quixemos empezar con Emma e Kevin, dous dos nosos veteranos, que nos leron, no día das bibliotecas, o fermoso conto da nosa querida Candela, a mascota da nosa biblio:   "UNHA GHARZA MOI GHARZUDA"

    A verdade, é que o fixeron mellor que ben, fixérono de  MARAVILLA! e non creades que foi doado, leron para todo o cole! PARA TODO O COLE!!!! . Estaban moi, pero que moi nerviosos, aínda así mereceu a pena escoitalos.

    Déixovos aquí unhas fotos 

 e si queredes escoitar todo o conto completo, pinchade aquí:

"Unha gharza moi gharzuda" Conto

 Espero que vós guste tanto coma a min e, moitas grazas Kevin e Emma, por agasallarnos con esta lectura nun día tan especial.

Mil bicos

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

PIPI MEDIASLONGAS

Moi bo día! Hoxe estivemos a facer a xuntanza para comentar o libro que tiñamos para este mes: Un clásico que nos gustou moitiiiiiiiiísimo. ...