mércores, 20 de novembro de 2024

Moi bo día queridas lectoras e lectores!!:

    Presentámosvos, aínda que dúas persoas non puideron vir onte, aos membros do noso club:

    Non vos preocupar, na próxima xuntanza xa se incorporarán con todos os honores

👏👏👏👏👏👏👏.

    Un grupo encantador, vai que si? Estamos desexando escoitalos e compartir momentos de novo, xa se nos facía mooooooooi longa a espera!!!! E, aproveitamos tamén, para ir presentando a primeira lectura deste curso :



          Un libro de banda deseñada do noso querido Miguel Anxo Prado

                   "O PACTO DO LETARGO".

    Un libro que mestura mitoloxía, aventura, maxia, intriga, fantasía, ambición, historia,  crítica social.... como vedes, ten de todo nunha narrativa áxil e fluída que nos engancha dende o principio e que non podemos parar de ler.

    As relacións entre humanos, anxos, demos... personaxes como XAMAÍN, ARTURO REGO... que nos invitan a reflexionar na desconexión, que non pode traer nada bo, entre humanidade e natureza, onde non todo é como poda parecer e que nos fai reflexionar sobre un montón de "situacións asentadas" das  que non podemos dar como afirmacións non cuestionadas só por costume.

    Un primeiro libro da que será unha triloxía, esperamos, e que nos abre o apetito de máis.

    Como podedes ver empezamos moi, pero que moi forte, esperando que vós guste tanto como cremos.

MOI boa lectura e... aburiño🙋.

😉Vémonos a finais de decembro. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario