martes, 17 de decembro de 2024

 Moi bo día!!!

Esperando xa as vacacións de Nadal, xuntámonos para falar do libro deste mes

O PACTO DO LETARGO, 

tal e como anunciamos, cunhas ilustracións absolutamente marabillosas.

                                                                                                


        

    Un libro cheo de maxia que Miguel Anxo Prado regalounos a todas e todos os amantes da banda deseñada e que resultou moi interesante para as nosas lectoras e lectores.

    Aínda que nun principio resultou un chisquín difícil de ler, pouco apouco fomos, entre todas e todos desentrañando a historia e establecendo, cun dialogo xustificado como poderiamos enmarcalo dentro dun xénero literario, motivo que nos deu para falar dos distintos xéneros e subxéneros que podemos atopar dentro das creacións literarias e que tiñamos algo esquecidas.

    Tamén puidemos charlar da concepción do propio cómic, de como estaban deseñadas as viñetas: planos, tamaños, dos propios bordos das viñetas (ou a súa ausencia) ou como se pode inserir unha viñeta noutra, a súa colocación, cor, diferentes planos das imaxes, picados, crear efectos nos distintos personaxes. A importancia dos globos, onomatopeas ou debuxos, tipos de letra, do movemento, elementos engadidos que lle dan información ao lector, a perspectiva na imaxe... O debuxo toma unha relevancia importante, arte que o noso autor domina á perfección. En fin, diferentes aspectos da banda deseñada que deben coñecer as lectoras e lectores de banda deseñada, pero pouquiño a pouco, non todo de golpe que toleamos, ha ha ha!.   

                                                  

Como sempre o encontro foi moi suxestivo e cheo de boas ideas e, sobre todo, bos comentarios. Botábase de menos estes encontros que, por fin, deron comezo neste curso

    Tamén propuxemos a nosa próxima lectura:

"AS MEIGAS DE LUPA" de MARÍA SOLAR.

    Un libro de aventuras, máxia e grandes lendas que forman parte da cultura da nosa querida Galiza.


    Deíxovos unha pequena entrada que vos pode introducir neste marabilloso libro, pinchade nOS SEGUINTES ENLACES : 


e si queredes ver máis cousiñas: 

Esperemos que nos guste tanto, ou máis que esta lectura xa rematada.
Mil bicos e aburiño miñas queridas e queridos lectores.🙋

Ningún comentario:

Publicar un comentario