MOI BO DÍA!!!!
Chegamos das nosas vacacións e a que non sabedes con que nos atopamos....
Nin idea verdade....
Non caedes???????
Pois chegou O APALPADOR!!!!!!!!!!!!
Chegou e deixounos un gran agasallo:
- Un libro do GATIPEDRO
- Un xogo deste gatiño tan trouleiro
- e outro xogo da Illa de SÁLVORA, es illa tan preto do noso cole.
Sei que as nosas lectoras e lectores son bos, pero non esperabamos tanto.
👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏
Estamos superfelices e, dende logo, temos claro que é para compartir con todo o cole dende o club.
Agora xa teremos tempo de xogar nos recreos da biblio e espero que sexa do agrado de todas e todos.
Seguiremos portándonos ben para que nos traia tantas sorpresas sorpresivas o ano que ven.
MOITAS, MOITAS GRAZAS QUERIDO APALPADOR.
Seguiremos lendo e, empezaremos a divertirnos con estes xogos, segundo podamos.
✋ Ata a próxima, aburiño ✋
Ningún comentario:
Publicar un comentario