venres, 21 de novembro de 2025

 

 Moi boa tarde !

 

    Estes días traballamos, dende as aulas, diferentes actividades ao longo da semana para por de manifesto, e concienciar, dos malos tratos e discriminación que moitas mulleres sufren nos diferentes entornos que as rodean e hoxe, 25 de novembro,  a nivel de centro, algúns membros do club de  lectura colaboraron lendo un manifesto  na biblioteca como actividade da propia biblioteca e actividades extraescolares.  

    Estamos, coma sempre,  a carón de ditas voluntarias que nos achegan coa súa lectura realidades e reveindicacións necesarias nesta sociedade, que nos fan pensar nas nosas situacións e nas actuacións de persoas que nos rodean para recoñecer e rexeitar ditas situacións tan negativas e con tantas malas consecuencias para todas.

 Por elas, por todas, 

               viaxando, sempre, sen medo.              

Ningún comentario:

Publicar un comentario