Moi bo día miñas queridas lectoras e lectores.
Hoxe xuntámonos na biblioteca para compartir o xantar e falar posteriormente do libro que limos estes días: Esta é a miña historia e terás que crela, escrito por ÉRICA ESMORÍS, e ilustrado marabillosamente por DANI PADRÓN.
As nosas lectores e lectores quedaron encantadas con este libro tan divertido e sorprendente opinando de xeito moi activo sobre situacións que aparecen na lectura, debatindo sobre como unha mentira pode cambiar a realidade, ou non, e que consecuencias poden ter ditas "adaptacións da realidade" á súa vida cotiá.
Finallizamos participando nalgunhas actividades conxuntas nun pequeno caderno sobre a lectura para deixar voar tamén a nosa imaxinación co noso particular xeito de ilustrar o que nós gusta tanto.
Esperámosvos na volta de vacacións coa seguinte lectura de ALICIA BORRAS, A HISTORIA DE BRAVA PANADEIRA.
Bo NADAL A TODAS E TODOS🙋





Ningún comentario:
Publicar un comentario