venres, 19 de decembro de 2025

MI MADRIÑA!!! 

MENUDO LÍO MONTOUSE NA BIBLIOTECA COS TRUVINCOS.

    Sairon do noso recuncho do club de lectura e puxeron todo, pero todo todo, patas parriba, incluso ás veces parecían que querían molestar ao pobre apalpador, que pasou uns bos momentos lendo algo entre visita e visita no Barbanza, tan lonxe do seu fogar, pero sempre mirando que estean ben os máis pequenos da casa.

    Vouvos deixar unhas fotos para que vós mesmos  vexades, se non, non ides crer as trasnadas que nos fixeron deixando todo descolocado e desorganizado: descolocaron o axedrez, as pinturas, os legos, os libros.... en fin, todo o que puideron atopar. Cachis, vouvos ter que por a limpar a eles.

 

 

 

  
  
 
Mi ma! moito tivemos que organizar para deixar todo operativo para as visitas da cativada á biblio.
 
Pero, finalmente, despedíronse deixándonos un saco de cariño ata o ano que ben, xa que as nenas e nenos deixaron na súa cestiña, unha morea de carbón e piñas para poder 
acender a chiminea este inverno .
 Ata o ano, aínda que esperamos que non nos fagades máis falcatruadas!!😂
Bo NADAL A TODAS E TODOS.
 ATA O ANO QUE VEN💝 
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario