Moi bo día!!
Hoxe tivemos a nosa xuntanza para falar da historia de Alicia Borrás
A HISTORIA DE BRAVA PANADEIRA,
coas estupendísimas ilustrcións de Blanca Vila. Obra xa presentada no Nadal.
Esta obra nos fala dunha preciosa cadela, de refuxio, BRAVA, que despois de ser atopada na rúa, aparentamente sin dona ou dono, é adoptada por Lira e os fillos Alba e Xullo despois de que se produza un auténtico💘 entre o cativo e Brava que, sin pensalo nin un chisquín, lámbelle o nariz mentras menea o rabo con toda a ilusión do mundo.
As nenas e nenos falaron do defecto de Brava : sair detrás de toooooodas as furgonetas que reparten pan xa que rouba este preciado alimento despois de uliscalo co seu potentoso olfacto de cadela panadeira.😎
Neste libro falamos de moitos temas que nos foron xurdindo coa lectura da obra como as diferenzas nas persoas ao ver coma Xullo, protagonista da obra, sufre "síndrome de Asperger". A lectura axuda a comprender algunhas das características destas persoas e nos anima a respetar despois de entender as súas respostas ante diferentes situacións.
Tamén nos fixamos nos refuxios de animais, a importancia das adopcións deles e o ben que nos podemos facer mutuamente ditas adopcións. De feito isto nos levou a tratar os temas dos carteis e a facer os nosos propios para concienciar sobre a importancia das protectoras e de non mercar sempre animais de compañía, se non que hai outras opcións que ofrecen estas entidades.


e quedaron.... bueno, quedaron incribles, pero de verdade, e se non, xuzgade vos mesmos:
Imos ter que rematar dando un premio de ilustracións😂😂😂.



.jpg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario