martes, 19 de maio de 2026

  

  Moi boa tarde!!

     O domingo, como xa sabedes, estivemos de  festa, a festa das nosas queridísimas letras galegas e nós, no club, tivemos un encontro moi, moi especial o luns no Centro de Día de O Porto do Son coas nosas queridísimas usuarias e usuarios de dito centro e, coma sempre, moi ben recibidas por Nerea, persoa de enlace que sempre nos recibe coa toda atención do mundo.

    Que queredes que vos diga, sempre un pracer poder poñer en común algunha lectura e poder facer algunha actividade nese tan querido lugar para todas nós. E que mais podo dicir que non saibades, todo o mundo encantador coa nosa visita, participativos, alegres e con tantas ganas de recibir ás nosas queridas lectoras e lectores que non nos cansamos de acodir todos os anos para realizar algunha actividade conxunto, moito lle gusta á cativada acUdir a ista cita imprescindible para todas.

    Esta vez leímos para todas e todos OS FÍOS DE BEGOÑA unha biografía sinxela pero bonita desta grande autora, activista e comunicadora coa que celebramos esta festa tan importante para toda a cultura galega.

 

 

 

 

 

 

            

Como xa dixen, todas e todos atentísimos á lectura e animando sempre a todas as lectoras e lectores nesta parte da actividade. Posteriormente fixemos unha actividade moi bonita: titulada :

 " PALABRAS CON MEMORIA TECIDAS COS FÍOS DE BEGOÑA".

    Entre todas e todos, pensaron palabras que lles gustaban o significaban algo importante para elas e eles, escribíannas nunha cartollina e logo tecían con lá uns bordes par adornar ditas marabillosas palabras do noso idioma e que teñen un significado especial para cada un de nOs. 

Uns momentos retidos, para nós, nestas fotografías tan bonitas

        
    Finalmente quedaron expostos os traballos na biblioteca do noso centro con todas e todos os participantes na actividade.
 

 

  MOITAS GRAZAS POR ESTE DÍA E

ATA A PROXÍMA XUNTANZA🙋 

Ningún comentario:

Publicar un comentario