mércores, 18 de xuño de 2025

 Moi bo día!!!!

Hoxe si que dicimos adeus definitivamente a este curso escolar.😌

    Teño que dicir que foi un pracer estar con estas nenas e nenos compartindo lecturas, comidas, momentos de lecer e, sobre todo, compartíndonos sen máis.

    Algúns deles deixan o cole para ir ao instituto. Este sempre é momento difícil, por un lado estamos felices de que empecen unha nova etapa que vai a significar tanto para elas e eles, pero por outra, levamos compartindo esta actividade xa dous anos e sinto moitísimo que nos deixen. Quero que saiban que sempre estarán nas nosas lembranzas con moito cariño e terán as portas abertas para estar connosco e compartir lecturas sempre que queiran.

Moi boa viaxe nesta nova etapa 

nosas queridísimas lectoras e lectores!!😍

    Pero antes de pechar este curso escolar deixo a derradeira entrada comentando a experiencia de compartir lecturas, este martes pasado, no Centro de Día de Porto do Son.

    Sempre é un pracer acudir a esta cita, que xa empeza a ser un obrigado nas nosas actividades, xa que o recibimento é marabilloso e as nenas e nenos do club xa nos esixen do ben que o pasan con estas persoas que tan bo acollemento sempre lles brindan.

    Moitas grazas por abrirnos as portas e deixarnos entran un pouquiño nos vosos momentos. O ano que vén temos que repetir, prometido, non creo que vos libredes tan facilmente de nós😂.




   😃💞 Tamén tivemos un cariño con todas e todos eles e lembren o seu paso este ano polo noso club. Esperamos que vos gustara tanto como a nós facelo.

    E non me esquezo de ARANCHA, a profe que este ano acompañounos en todas as reunións, que tanto nos aportou en todas as actividades e á que tanto chegamos a querer todas e todos. 
    Esperamos que o próximo curso podamos desfrutar de novo do teu bo facer e do cariño que sempre amosaches a todo o alumnado, dos bos momentos que desfrutamos contigo e, se non chega ser así, crucemos dedos para que repitas, desexámosche toda a sorte do mundo no teu novo destino. 
Mil grazas, mil apertas e mil bicos
por estar sempre xunto a nós
💝💝💝💝💝

martes, 10 de xuño de 2025

 MOI BOA TARDE!!!!

    Hoxe fixemos a derradeira xuntanza para falar de libros. Teriamos que estar tristes, pero a verdade é que o pasamos tan ben que nin conta nos dimos.

    o libro que limos este ultimo mes foi A AVOA CANTA COMO A COTOVÍA de CELIA DÍAZ NÚÑEZ, tendo como a ilustradora a ALBA SANTA

    " Lembro ben a primeira vez que a avoa Oliva me cambiou o nome. E así unhas veces son Adrián e outras Toño. A avoa está feliz e eu tamén. Sobre todo porque agora sorrí moito máis, e ás veces canta cantigas que non coñezo. Pois o que máis lle gusta á avoa, sen dúbida, é cantar. Mamá di que canta como a cotovía...."
    Un libro que xira entorno a dos eixos principais: a enfermidade do Alzheimer nas persoas maiores e as voces das nosas cantareiras, esas mulleres que transmitiron letras de cantigas, xeitos de tocar, lingua, instrumentos, puntos de baile, riqueza de traxes, tradicións... un sin fin de sabedoría e amor polo seu que configura o noso rico PATRIMONIO INMATERIAL, dun xeito difícil de igualar e ás que se adiou o DIA DAS LETRAS GALEGAS 2025. 
    Contamos para esta xuntanza coa colaboraciónde UXÍA, membro da agrupación TAHUME, cantareirabailadoraartistamestra de pandeireta e compañeira. Unha rapaza, aínda nova, pero que aporta á nosa música unha riqueza e bo facer como poucas e que tocou e cantou para nós, tamén ela coma a cotovía, e explicou moitos aspectos relacionados coa tradición, costumes e coa música. Dende o noso blog, dámoslle as   
 GRAZASssss
en maiúscula e con todo o noso cariño pola estupendísima tarde coa que nos agasallou.
  

                     


    
    As nenas e nenos falaron do libro,  que a moitas delas e deles impresionou e, sobre todo, fixo xurdir esa empatía tan arraigada cara ás persoas maiores que senten tan preto de nos en moitos momentos, de feito pola mañá viñeron a velas un grupiño de persoas do Centro de Día de Porto do Son e, coma sempre, fixeron que se sentiran acollidos e queridos, escoitándoos con moita atención e cariño. ( Devolveremos a visita a semana que vén, prometido😊). 
    Tamén intercambiaron opinións sobre diferentes aspectos  e intereses tratados na obra e xurdiron interesantes opinións sobre: coidado das persoas maiores, relacións cos nosos maiores, a desaparición dun ser querido....

   

    Ofrecímoslle un pequeno cariño, non só para que se lembre de nós, tamén para tentala un pouquiño 😇 e  nos volva visitar sempre que queira. Nós esperarémola cos brazos abertos e sempre desexosos de escoitar tanto as cantigas como todo o que nos queira contar das nosas tradicións., aínda que a próxima vez, se cadra, e despois de ensaiar un pouquiño nos animamos a acompañala😂😂




😍 MOITAS GRAZAS DE NOVO😍
 e ata a próxima xuntanza
🙋

domingo, 8 de xuño de 2025

 Moi boa tarde!!!

Hoxe pola mañá fixemos unha excursión marabillosa. 

    Non, non me confundo, hoxe, domingo, tivemos unha excursión ao castro de BAROÑA, e si,  foi marabillosa.

O primeiro de todo é dar as grazas a PEPE LIJÓ, 

HISTORIADOR E PROFE no IES de PORTO do SON. 

    E temos que darlle as grazas por varias razóns: primeiro por vir en domingo, día en que coincidiamos todas e todos para poder realizar esta saída e, segundo, por servirnos de guía e darnos unha estupendísima lección non só de historia, que sería "o esperado", se non por ampliar os coñecementos das nenas e nenos en xeoloxía, botánica, bioloxía... Deixáchenos pampos, pampísimos e pódoche asegurar que todo o alumnado e profesorado acompañante quedou moi, moi agradecido pola túa dispoñibilidade, paciencia e bo facer. Reitero as GRAZAS, así de grandes, de parte de todas e todos as que estabamos alí.

    Faláchenos de árbores, animais, moito de xeoloxía, tan importante para poder explicar a prehistoria, e moito, moitísimo de arqueoloxía e historia. 

                

    Rendemos homenaxe, deste xeito, á temática deste ano do club de lectura, que como xa sabemos, rulou entorno á historia en xeral e de Galiza en particular. Tema moi importante para o alumnado de 5º e 6º que teñen que dar esta temática na área de Ciencias Sociais.

    Coido que nas caras xa se nos ve o bo día que pasamos:


    Agora a descansar un pouquiño, que algo cansos si que quedamos, que mañá temos que voltar a clase 😉. 
🙋Aburiño e ata outro día!

luns, 2 de xuño de 2025

Moi boa tarde queridas lectoras e lectores:

        Parece que despois de varios ensaios , 

        os participantes no noso club de lectura  van poder gravar as historias que elixiron para poder comezar co noso 

👋👋👋BANCO DE CONTOS.👋👋👋      

                
    A idea xurdiu nas xornadas de biblioteca deste ano e, despois de explicarlles ao alumnado en que consistía a iniciativa, decidiron participar con moitas ganas de deixar as súas pegadas na escola en forma de contos para outras nenas e nenos. Deste xeito cando algún docente queira poñerlle algún video ás nenas e nenos da súa clase, poderá escoller entre os que teremos gravados para o noso Centro ou unitarias da contorna.

A idea é marabillosa e estou segura que van quedar estupendos!!!!!!!!!!!!! 

    Aínda imos tardar un pouquiño en ver resultados, pero que ganassssssssss😊. Segundo poidamos poñelos, xa os teredes na páxina. 

Perdón e grazas pola espera.

Aburiño queridas lectoras e lectores🙋

mércores, 28 de maio de 2025

Moi bo día miñas queridas lectoras e lectores!

    Como estabamos a contarvos, este mes estam,os a ler o libro de CELIA DÍAZ NÚÑEZ : 

A AVOA CANTA COMO A TOTOVÍA.

    Neste libro falamos das CANTAREIRAS, que como sabedes o día das LETRAS GALEGAS deste ano está adiado a elas, pero tamén, o libro foi o accésit no premio SIMBAD 2024 do RECORDO E O ALZHÉIMER. Por este motivo, puxémonos en contacto coa asociación AGADEA, en Ribeira, dende aquí dámoslle as grazas polas facilidades que nos deron para participar nesta iniciativa,   para facer unha colaboración en dita actividade

"AS FLORES DA MEMORIA".

                 

    Levamos ao noso Centro o xarrón coas flores feitas polos usuarios de dita organización, onde as nenas e nenos podían botar un papeliño cos nomes das persoas que nunca queren esquecer.                                               
    Pareceunos unha actividade moi significativa e, podemos dicir que foi acollida polo alumnado do Centro con moito entusiasmo. Nós, pola nosa parte, dende o Club de Lectura, desexamos que nunca esquezan a todas esas persoas que tanto significan para elas e que tanto amor sempre lles amosan.
Aínda que eles esquezan,
seguirán estando no noso corazón por sempre.
MIL BICOS😘

martes, 6 de maio de 2025


 MOI BO DÍA!!

    Antes de nada quero dar as grazas ao equipo do club de lectura do noso instituto de Porto do Son, que nos axudou, coma outras veces, co empréstito de libros para favorecer a lectura da novela.

MOITAS, MOITAS GRAZAS!!!!!

    HOxe fixemos a nosa xuntanza para falar do noso libro deste mes:

DENÉBOLA A ROXA de HECTOR CAJARAVILLE


    Un libro con moita aventura e xiros imprevistos, que aínda que ao principio parecía que lles resultaba algo difícil de ler, conseguiron o seu obxectivo, rematar o libro e interesarse por ese período temporal tan interesante historicamente falando.

    Como vemos concentración nos lles falta cando falamos e lemos algunha parte da novela.


    Aproveitamos para repetir este ano o Knolling literario, unha actividade que lles gusta moito realizar  pola implicación que leva, sobre produtos que saían de América cara España e ao contrario, de España cara a América.

                            

        Como podedes ver, algúns dos animais foron substituídos polo seu correspondente xoguete imitando a realidade (non se me ocorre porque será😂😂😂).

    Coma sempre desfrutamos moito, recompilando o material e montando as nosas fotografías. Espero que vos guste o resultado 😉

    Tamén aproveitamos a ocasión para xogar un pouquiño coa cartografía que buscamos para poder situarnos un pouquiño tanto na viaxe que fixo Denébola para chegar ao barco que as levaría a América, como para ver como era o Caribe, lugar de chegada para fundar en Cuba un novo convento. 

    A verdade é que foi unha parte entretida e interesante para eles e gustoulles poder  seguir e marcar o camiño que as levaba ao Novo Mundo.


    Aproveitamos, como non podía ser doutro xeito, para presentar a nova historia que nos fará interesarnos polas nosas tradicións e o noso patrimonio inmaterial, no principal mes das LETRAS GALEGAS: 

A AVOA CANTA COMO A COTOVÍA de CELIA DÍAZ NUÑEZ  e ilustrado por ALBA SANTA. 


    Un emotivo libro que conseguiu o accésit no premio "Simbad" para o recordo e o Alzhéimer 2024 e que trata da relación entre un neto e unha avoa:
"... Lembro ben a primeira vez que a avoa Olivia me cambiou o nome. E así, unhas veces son Adrián e outras Toño. A avoa está feliz e eu tamén. Sobre todo porque agora sorrí moito máis, e ás veces canta cantigas que eu non coñezo. Pois o que máis lle gusta á avoa, sen dúbida, é cantar. Mamá di que canta como a cotovía..."
    Como vedes, ten que ser un libro interesante e o xeito de escribir incita á tenrura e cariño cara a isa avoa que vai esquecendo a súa realidade, pero que non deixa atrás esas cantigas que aprendeu ao longo da súa vida e que, agora, a converten en transmisora dese legado tan importante da nosa historia.
    Seguro que vós vai gustar e merecerá a pena dita lectura.

🙋Aburiño miñas queridas lectoras e lectores, desfrutade deste conto marabilloso.

mércores, 23 de abril de 2025

 Feliz día do libro !!!!

    Coma sempre, compartimos con vos a felicitación que este día facemos dende o noso club a toda a nosa comunidade lectora da nosa escola.

    Sempre haberá ventos que nos leven á lectura e, as palabras, cando abramos un libro, nos farán voar, crecer, emocionarnos e vivir novas experiencias a todos os niveis.

Feliz día do libro meus queridas lectoras e lectores!!!!!!!!.

martes, 25 de marzo de 2025

Moi bo día miñas queridas lectoras e lectores!!

    Hoxe estivemos a comentar o noso libro do mes:

 ALEIDA, CIDADE SEN ALMA de VICTOR BOULLÓN.

    Unha xuntanza, coma sempre, chea de ideas e interesantes comentarios sobre a lectura desta obra de banda deseñada ambientada na Compostela de finais do século XII (1188). Momento moi interesante da historia de dita cidade onde se afianza a súa importancia mentres o arcebispado compite co de Braga polo predominio no noroeste peninsular. Ata alá chega o construtor e canteiro León xunto coa súa filla Aleida para traballar nas obras de reforma da Catedral, dirixidas polo Mestre Mateo.

    Cando levan a cabo os traballos de remodelación acontece un misterioso asasinato no altar maior da mesma Catedral...  

    Nela falamos da Idade Media en Galicia e, neste caso, do tráfico de reliquias pola importancia que tiñan estas nas cidades da época. 

    Tamén ampliamos tema co arte nesta época e de como era vivir nas vilas con todo o bo, pero tamén o non tan bo.

                       
    Obra que deixou moitas preguntas e xerou moito interese na época. Esperamos dende a coordinación do club que os libros complementarios satisfagan os vosos intereses 😉

    E, ademais, Teresa e Felipe, a nosa parella de Entroido, trouxéronnos o novo libro que imos ler!!!!!!!!! :

DENÉBOLA A ROXA de HECTOR CAJARAVILLE

    Unha historia que comeza en marzo de 1600, cando Denébola, unha veciña do Barbanza, fai quince anos e recibe a noticia de que vai entrar como noviza nun convento de Clarisas de Santiago de Compostela.

    A partires de aí lemos unha historia chea de aventuras, cunha estrutura moi áxil e dinámica que nos fai coñecer a unha protagonista que vai intentar , e conseguirá, facer as cousas seguindo os seus principios e guiarase por decisións de seu que a levarán a conseguir ser a ser a dona do seu destino.
    Como vedes é toda unha muller brava para aqueles tempos, aínda para os de hoxe, pero que nos pode inspirar a nós mesmas para tomar conciencia da importancia da preparación, da valentía e da perseveranza , de como estes  poden ser os ideais e guías do noso camiño na vida e de como nos poden levar a conseguir o que nos propoñamos derrubando todas as barreiras que nos van saíndo no noso camiñar diario.
Non me digades que con esta introdución non vós apetece empezar xa mesmo, 😃.


    Ben como sabemos que é un libro algo difícil para vós,  leremos o libro en dúas partes
A finais de mes próximo faremos unha reunión para deixar os vosos comentarios sobre a metade do libro, ata o capítulo nove, e logo reunirémonos para comentar a novela xa finalmente. Parécevos?
 Pois moito ánimo e... moi boa lectura 
miñas queridas lectoras e lectores.🙋

venres, 14 de febreiro de 2025

 Moi bo día!!!

    A verdade, é que estamos a falar moito de historia en xeral, e da de Galicia en particular, pero non puxemos ningunha información das distintas épocas, como algúns de vos suxeríchedes que fixeramos, así que aquí vos deixo un video que fala de Galicia en 10 minutiños, curto, pero interesante para seguir ampliando información.

Espero que vos guste moito.

Aburiño e... ata a próxima🙋

martes, 28 de xaneiro de 2025

Moi boa tarde !!!!

 Hoxe estivemos todas e todos xuntos para falar do libro deste mes:

            "AS MEIGAS DE LUPA" de MARÍA SOLAR.

    Seguimos co noso itinerario histórico para pararnos neste momento na época castrexa

    Este libro, temporalmente, está ambientado en dúas épocas afastadas no tempo e que se van alternando de capítulo en capítulo : unha está ambientada na Galiza do século primeiro, unha segunda na Galiza actual,. Dous momentos, dúas historias que se entrelazan e que unha dá sentido á anterior.

    No século primeiro fálase da Raíña Lupa, dos seus familiares, do Pico Sacro, da vida nos castros e de como todo cambia coa chegada duns estranxeiros que viñan co corpo do Apóstolo Santiago dende Palestina. Ista situación dá lugar á lenda do Apóstolo e o motivo polo que, aparentemente, estaba soterrado nun lugar concreto.

    A seguinte narración xa nos centra na zona de Santiago, na casa da avoa Berta en Santa Cruz de Ribadulla, coas vacacións anuais desta cos seus netos e neta. Do que sucede ese ano en concreto cunha reunión de vellas amigas e o congreso que elas van preparar para o resto de meigas. De como se poden torcer os plans cando se perde unha chave e de como, as situacións máis complicadas, poden ter arranxo despois de desvelar un segredo milenario que foi gardado xeración tras xeración.

Unha mestura de novela histórica, de misterio e de moitas, moitísimas aventuras. 

    Hai que dicir que foi un libro que gustou moito en xeral, aínda que tiña unha única pega : non había ilustracións!, así que decidimos facer un resumo da lectura e ilustralo nós, así, sen anestesia😂😂😂😂.

    Aínda estamos traballando nel, pero, dende logo, non podemos dicir que non puxeran ilusións e gañas á hora de facelo :

                            

    O resultado final é unha marabilla, 😉      




É que temos unhas artistazas !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!😁
                

    Coma sempre, tamén presentamos a próxima historia: 
 ALEIDA, CIDADE SEN ALMA de VICTOR BOULLÓN.

    
    Un libro de banda deseñada da Compostela de finais do século XII (1188). Momento moi interesante da historia de dita cidade onde se afianza a súa importancia mentres o arcebispado compite co de Braga polo predominio no noroeste peninsular. Ata alá chega o construtor e canteiro León xunto coa súa filla Aleida para traballar nas obras de reforma da Catedral, dirixidas polo Mestre Mateo.
    Cando levan a cabo os traballos de remodelación acontece un misterioso asasinato no altar maior da mesma Catedral...  
    Misterio, Intriga, loitas de poder.... Non podedes deixar de lela, merece a pena!!😉
    Como se pode ver nesta imaxe, tomada na ponte medieval de Xuño, tamén ampliamos tema co segundo volume desta colección amais de dous libros que vos farán coñecer diferentes aspectos desta época.



Esperamos que vós guste tanto coma a nós propoñelos.

🙋Aburiño miñas queridas lectoras e lectores e

                      FELIZ LECTURA!!!